Isabella (cráter)
Isabella | |
---|---|
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Venus |
Diámetro | 175 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 29,8° N 204,2° E[1](coord. centrais) |
Procedencia do nome | en honra a raina Isabel I de Castela.[1] |
O cráter de impacto Isabella é o segundo cráter máis grande do planeta Venus. O cráter, que está situado nas coordenadas 29,8° N 204,2° E[1], ten dúas grandes estruturas moi semellantes ás das grandes coladas de lava, estas estruturas fican ó sur e sueste do cráter, estes mantos de material fluído cubriron parcialmente un volcán de escudo duns 40 km de diámetro que está situado ó sur do cráter, xusto onde comezan a remata-los mantos de material. Os regueiros do sueste amosan un patrón de canles e formas lobulares moi complexo, e están parcialmente cubertos polos depósitos de material procedentes da formación dun cráter posterior, o cráter de impacto Cohn, duns 20 kms de diámetro. Estes enormes regueiros de material, que son únicos entre os cráteres de impacto de Venus, seguen sendo motivo de estudo entre os astroxeólogos. Entre as teorías expostas caben ser subliñadas as que indican que estes regueiros poderían ser-lo resultado de rochas fundidas coma consecuencia do intenso calor acadado grazas ó enorme impacto que formou o cráter, ou que poderían se-lo resultado de grandes nubes de gases moi quentes mesturadas con rochas fundidas e sólidas que atravesaron os terreos adxacentes do cráter durante o evento do impacto. Este último proceso sería moi semellante ó que ocorre na Terra nas violentas erupcións coma a acontecida no ano 1991 no Monte Pinatubo de Filipinas.[2]
Recibiu o seu nome en honra a raíña Isabel I de Castela.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Isabella on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 12-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "PIA00480: Venus - Impact Crater 'Isabella'". Photojournal. Consultado o 12-12-2011.